O pasado luns, o día de San Martiño, celebramos no Vila o Magosto. Este ano levamos a cabo unha actividade a nivel de centro "O Grand Vila Prix". Con esta actividade favorecemos o coñecemento sobre o noso contorno valorando o patrimonio cultural do noso concello. Cada equipo participante representaba a unha parroquia do concello de Culleredo. Foi unha competición moi divertida na que finalmente gañou o equipo de Sésamo. Despois de tan duro concurso os/as nenos/as puideron recuperar forzas comendo castañas asadas. Foi unha sorte que as familias desde a ANPA nos prepararan unhas castañas tan ricas!