Novas

domingo, 10 de mayo de 2026

RECURSOS PARA TRABALLAR AS LETRAS GALEGAS 2026

Compartimos unha selección de recursos didácticos para coñecer un pouco máis a fondo a vida e a obra de Begoña Caamaño, unha figura que foi voz e alma da Radio Galega e unha escritora imprescindible para a nosa literatura; estes materiais permitirán ao alumnado explorar dende a súa traxectoria xornalística ata o seu compromiso coa lingua e o feminismo.

 - SEMINARIO GALÁN

Prema na imaxe

 

 - PORTAL DA LINGUA GALEGA

Prema na imaxe

Este portal dedica un espazo especial ás Letras Galegas 2026 con unidades didácticas, arquivos sonoros da súa etapa na Radio Galega e materiais audiovisuais da TVG.

 

- CONSELLO DA CULTURA GALEGA 

Ofrece un especial detallado titulado "Begoña Caamaño: unha autora entre o mito e o presente", con acceso a fondos hemerográficos, publicacións e vídeos sobre o seu activismo e obra literaria. 

Prema na imaxe


-  REAL ACADEMIA GALEGA. PRIMAVERA DAS LETRAS. 

Prema na imaxe

 

 

FESTEXAMOS AS NOSAS LETRAS ENTRE RETOS E ONDAS DE RADIO!

Esta semana o noso centro énchese de actividade para festexar a nosa lingua con dúas propostas estrela. Por unha banda, o alumnado de Rego de Trabe lánzanos o reto "72h falando galego", unha divertida iniciativa para demostrar que non hai galego mal falado. 

Pola outra, o venres día 15 renderemos homenaxe á gran xornalista e escritora Begoña Caamaño cun programa de radio en directo. Haberá tres pases adaptados para Infantil e Primaria onde a voz e o legado de Caamaño serán os protagonistas, lembrando a súa importancia fundamental nas ondas galegas. Senón podes escoitalo no momento, non te preocupes: a emisión quedará gravada en podcast para que poidas desfrutar dela cando queiras desde este blog.  

PARTICIPA E VIVE O GALEGO!

 

 

sábado, 21 de febrero de 2026

Recursos para traballar a Rosalía de Castro

  • Fundación Rosalía de Castro: ofrece recursos educativos organizados por nivel.
Preme na imaxe 

  

  • O portal da Lingua Galega: recursos didácticos.

Preme na imaxe
 


 

 

viernes, 13 de febrero de 2026

ENTROIDO: CULTURA, TRADICIÓN E SENTIMENTO

 Este ano decidimos seguir afondando un pouquiño máis no noso entroido, con visitas moi especiais: un "Boteiro" de Viana do Bolo, un "Cigarrón" de Verín e unhas "Pantallas" de Xinzo de Limia.

Tamén levamos a cabo unha dinámica de centro na que cada nivel investigou sobre as datas máis significativas do noso entroido (petardazo, domingo corredoiro, xoves de comadres...), elaborando un pequeno vídeo ou presentación que despois compartimos e gozamos toda a comunidade educativa.

"Palabras que contan". Este ano o Entroido do cole dedicouse a Begoña Caamaño, unha autora e xornalista galega que será homenaxeada nas Letras Galegas 2026. Por iso os nosos disfraces versaron sobre as súas dúas profesións: a de xornalista e a de escritora, unindo a palabra e a imaxinación. De contar contos a contalos como xornalistas, celebramos a lingua galega e a creatividade de todos os nenos/as.

 

 Viva o galego! Viva o Entroido!