Novas

Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta nadal. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de enero de 2026

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Un ano máis levamos a cabo o tradicional concurso e intercambio de postais. Ademais como segundo ano consecutivo o alumado do Vila de Rutis enviou postais a un centro de día de Culleredo. Os criterios do concurso aparecen vencellados a imaxe que está máis abaixo.

 Preme aquí

   As postais gañadoras foron a de Iago de 6º de Infantil e a de Dafne de 2º de primaria. PARABÉNS!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipviladerutis/system/files/u2/Felicitacion_Nadal_2025_ViladeRutis.jpg 

lunes, 1 de diciembre de 2025

RECURSOS PARA TRABALLAR O NOSO NADAL

Actualización de recursos para que poidades traballar algúns aspectos típicos do Nadal Galego.

Webs de interese:

  • A Irmandade dos Apañacastañas pon a vosa disposición todo o que ten sobre esta figura do Nadal galego, ligazóns, material didáctico, publicacións, experiencias prácticas e algo de imaxinación tamén.

Preme na imaxe


 

  • Chega outra vez o Nadal e con el o programa de dinamización lingüística Nadal en Rede, destinado a fornecer as entidades que conforman a Rede de Dinamización Lingüística de actividades de lecer para estas festas e mais de recursos para celebralas en galego. 
  • Prema a imaxe

 

  •  Cancións sobre o apalpador:
 
"O Apalpador" de Paco Nogueiras 
 

"A cantiga do Apalpador" do grupo Malvela


 
"O Apalpador" de Javier Prado e Cristian Corral 


 
"O Apalpador" de Mamá Cabra en LSE 



viernes, 20 de diciembre de 2024

O NOSO NADAL

Gústanos compartir, gústanos crear, gústanos a arte, gústannos as tradicións, gústanos... O NADAL!

Desde o EDLG promovemos un ano máis o tradicional concurso e intercambio de postais entre o alumnado. As bases desta actividade están no documento que se achega máis abaixo.

Estas foron as postais gañadoras:

De Educación Infantil:

                                       

De Educación Primaria:

 

O resultado foi a felicitación do Vila de Rutis: