Novas

Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de febrero de 2025

Día de Rosalía de Castro

Cada 23 de febreiro celebramos o nacemento de Rosalía de Castro, pioneira da literatura galega e voz inmortal da nosa terra. A súa obra non só exaltou a beleza e a identidade de Galicia, senón que tamén denunciou as inxustizas sociais, a emigración e, sobre todo, a situación da muller na súa época.

Hoxe, máis ca nunca, seguimos lendo e celebrando a Rosalía!

No cole quixemos homenaxeala cantando a canción titula o “Moucho” do grupo Migallas. Está baseada no poema de Rosalía: “Eu ben vin estar o moucho”, poema 16 de Cantares Gallegos.