Este ano decidimos seguir afondando un pouquiño máis no noso entroido, con visitas moi especiais: un "Boteiro" de Viana do Bolo, un "Cigarrón" de Verín e unhas "Pantallas" de Xinzo de Limia.
Tamén levamos a cabo unha dinámica de centro na que cada nivel investigou sobre as datas máis significativas do noso entroido (petardazo, domingo corredoiro, xoves de comadres...), elaborando un pequeno vídeo ou presentación que despois compartimos e gozamos toda a comunidade educativa.
"Palabras que contan". Este ano o Entroido do cole dedicouse a Begoña Caamaño, unha autora e xornalista galega que será homenaxeada nas Letras Galegas 2026. Por iso os nosos disfraces versaron sobre as súas dúas profesións: a de xornalista e a de escritora, unindo a palabra e a imaxinación. De contar contos a contalos como xornalistas, celebramos a lingua galega e a creatividade de todos os nenos/as.
Viva o galego! Viva o Entroido!


.jpeg)
