Novas

domingo, 10 de mayo de 2026

FESTEXAMOS AS NOSAS LETRAS ENTRE RETOS E ONDAS DE RADIO!

Esta semana o noso centro énchese de actividade para festexar a nosa lingua con dúas propostas estrela. Por unha banda, o alumnado de Rego de Trabe lánzanos o reto "72h falando galego", unha divertida iniciativa para demostrar que non hai galego mal falado. 

Pola outra, o venres día 15 renderemos homenaxe á gran xornalista e escritora Begoña Caamaño cun programa de radio en directo. Haberá tres pases adaptados para Infantil e Primaria onde a voz e o legado de Caamaño serán os protagonistas, lembrando a súa importancia fundamental nas ondas galegas. Senón podes escoitalo no momento, non te preocupes: a emisión quedará gravada en podcast para que poidas desfrutar dela cando queiras desde este blog.  

PARTICIPA E VIVE O GALEGO!