Este ano quixemos investigar un pouco máis acerca das personaxes mitolóxicas do Samaín e levamos a cabo a seguinte actividade na que participaron todos os/as nenos/as da escola. Cada nivel tivo que debuxar un ser mitolóxico do Samaín simplemente escoitando a súa descrición. Despois os/as nenos/as votaron e os que máis se parecían a imaxe real foron os que gañaron. Con esta actividade traballamos a compresión auditiva en lingua galega, así como as tradicións arraigadas á nosa cultura.
Deixámosvos un vídeo que fixeron os/as nenos/as de 6EP para que vexades como resultou a actividade!
Prema aquí para visualizar |