- Fundación Rosalía de Castro: ofrece recursos educativos organizados por nivel.
| Preme na imaxe |
- O portal da Lingua Galega: recursos didácticos.
![]() |
| Preme na imaxe |
| Preme na imaxe |
![]() |
| Preme na imaxe |
Este ano decidimos seguir afondando un pouquiño máis no noso entroido, con visitas moi especiais: un "Boteiro" de Viana do Bolo, un "Cigarrón" de Verín e unhas "Pantallas" de Xinzo de Limia.
Tamén levamos a cabo unha dinámica de centro na que cada nivel investigou sobre as datas máis significativas do noso entroido (petardazo, domingo corredoiro, xoves de comadres...), elaborando un pequeno vídeo ou presentación que despois compartimos e gozamos toda a comunidade educativa.
"Palabras que contan". Este ano o Entroido do cole dedicouse a Begoña Caamaño, unha autora e xornalista galega que será homenaxeada nas Letras Galegas 2026. Por iso os nosos disfraces versaron sobre as súas dúas profesións: a de xornalista e a de escritora, unindo a palabra e a imaxinación. De contar contos a contalos como xornalistas, celebramos a lingua galega e a creatividade de todos os nenos/as.
Viva o galego! Viva o Entroido!
Un ano máis levamos a cabo o tradicional concurso e intercambio de postais. Ademais como segundo ano consecutivo o alumado do Vila de Rutis enviou postais a un centro de día de Culleredo. Os criterios do concurso aparecen vencellados a imaxe que está máis abaixo.
| Preme aquí |
As postais gañadoras foron a de Iago de 6º de Infantil e a de Dafne de 2º de primaria. PARABÉNS!
No PORTAL DAS PALABRAS todos os anos por estas datas se vota cal é a palabra do ano. Cal é esa palabra que nos identificou ao longo deste ano 2025. Como o curso anterior o alumnado do Vila de Rutis volverá a votar a palabra do ano.
| Prema a imaxe |